VIVA O ENTROIDO

O pasado Venres 9 de Febreiro, os nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria saíron polas rúas para participar no tradicional desfile de entroido que se realiza todos os anos na nosa localidade. Neste desfile participan os centros educativos da Guarda.

Este ano fomos disfrazados de “Salsas” e coma sempre preparamos unha coreografía que despois  bailamos animadamente.

Pásamolo de medo e desfrutamos moito.

¡VIVA O ENTROIDO!

Blog Attachment

Déixanos un comentario