O MAGOSTO

Un ano máis, os alumnos do noso centro, profesores, pais e nais celebramos a tradicional festa do magosto. Con todo o noso entusiasmo, saímos do cole a media mañá para subir andando ata o Montiño –no caso de Infantil e Primaria- e ata Chans os de Secundaria. Alí esperábannos algúns profes e pais que xa empezaran a asar as castañas, e ao pouco tempo puidemos encher os nosos cucuruchos do delicioso froito.  Ñammm!

Despois, estivemos desfrutando dunha xornada de xogos tradicionais, charla e natureza, acompañados polo bo tempo da xornada.  Que ben o pasamos!

Blog Attachment

Déixanos un comentario