XOAQUINA HOXE

Esta semana viviremos uns días moi especiais, pois recordamos que  hai 191 años que Xoaquina, fundadora dos nosos colexios, iniciou en Vic (Barcelona) o seu traballo cun grupo de mozas que creron e se entusiasmaron co seu proxecto. Para nós é un motivo de alegría que  súas ensinanzas e o seu legado sigan vivos no día a día de cada un dos colexios, hospitais, casas de acollida … repartidos por  catro continentes.

Para ela non foi unha tarefa en absoluto sinxela, pero non desistiu no seu empeño, movida pola súa fe e  o seu  desexo de “remediar as necesidades de todos os pobos”. Os valores que guiaron  a súa vida seguen estando de actualidade: alegría, dedicación, solidariedade, entrega, constancia …

Na  oración desta semana, pediremos a Santa Xoaquina que nos axude a ser  valentes para afrontar o que cada día nos presenta, que saibamos acoller a todas as persoas, sobre todo, ás más necesitadas de amor e atención y que esteamos sempre alegres sendo luz para os demais.

Blog adjuntos

Déixanos un comentario