GRAZAS ALICIA

 

Ao longo do terceiro trimestre, os nenos e nenas de sexto de primaria estivemos lendo o libro Querido Nadie, da escritora viguesa Alicia Borras Sanjurjo.

 Da man de Blanca e Serena (as protagonistas do libro) descubrimos a importancia de cultivar  valores como a empatía, a amizade, a superación persoal, a fortaleza, o sentido do humor ….

A casualidade quixo que as dúas nenas se atoparan e nelas xurdiu unha amizade que duraría toda a vida.

Despois da lectura do libro tivemos a oportunidade de entrevistar en directo a súa autora, que nos contou unha morea de cousas. Alicia é moi divertida e pasámolo moi ben con ela.

Ao final da entrevista escribiunos unha dedicatoria persoal a cada un e firmounos un autógrafo.

Nós entregámoslle un pequeno agasallo que realizamos na clase , para que o levase de recordo.

Esperamos poder volver contar contigo e desexamos que continúes  escribindo historias tan fermosas como Querido Nadie, para poder seguir enganchándonos á lectura. Grazas Alicia pola túa visita.

Blog Attachment

Déixanos un comentario