GRAZAS ALICIA
- Publicado por admin
- POSTO EN Ed. Primaria
Ao longo do terceiro trimestre, os nenos e nenas de sexto de primaria estivemos lendo o libro Querido Nadie, da escritora viguesa Alicia Borras Sanjurjo.
Da man de Blanca e Serena (as protagonistas do libro) descubrimos a importancia de cultivar valores como a empatía, a amizade, a superación persoal, a fortaleza, o sentido do humor ….
A casualidade quixo que as dúas nenas se atoparan e nelas xurdiu unha amizade que duraría toda a vida.
Despois da lectura do libro tivemos a oportunidade de entrevistar en directo a súa autora, que nos contou unha morea de cousas. Alicia é moi divertida e pasámolo moi ben con ela.
Ao final da entrevista escribiunos unha dedicatoria persoal a cada un e firmounos un autógrafo.
Nós entregámoslle un pequeno agasallo que realizamos na clase , para que o levase de recordo.
Esperamos poder volver contar contigo e desexamos que continúes escribindo historias tan fermosas como Querido Nadie, para poder seguir enganchándonos á lectura. Grazas Alicia pola túa visita.