MEDIO AMBIENTE

DIA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

O 5 de xuño foi declarado Día Mundial do Medio Ambiente pola UNESCO co obxectivo de subliñar a importancia que este ten para todas as poboacións do mundo.

A clase de 5º de Educación Infantil recibiu unha mensaxe do garda forestal Rufus pedindo a súa axuda para mellorar a calidade de vida do noso planeta. Non o dubidaron e puxéronse mans á obra. Mediante o uso das TIC, utilizando aplicacións como EdPuzzle, ampliaron os seus coñecementos sobre o que é realmente o medio ambiente e o impacto que ten nas nosas vidas; tamén sobre cales son as accións que temos ao noso alcance para melloralo.

Traballaron a «Regra das 3 R: Reciclar, Reutilizar e Reducir» dun xeito manipulativo, por exemplo mediante o uso de pictos que foron seleccionando e clasificando en colectores de reciclaxe das súas respectivas cores. Así mesmo, tamén fixeron as súas propias árbores empregando as súas mans como modelo e pintáronas seguindo a técnica da esponxa.

Como cumio do noso proceso de aprendizaxe, realizouse nas instalacións do centro unha “Búsqueda do tesouro”, onde o alumnado tiña que marcar todos aqueles que atopaban no seu mapa do tesouro. Tamén conseguiron unhas fermosas medallas, como premio ao seu gran esforzo como protectores do medio ambiente.

Blog Attachment

Déixanos un comentario