DÍA DE EUROPA

DÍA DE EUROPA

O 9 de maio conmemórase dende o ano 1985  o Día de Europa. Unha xornada para lembrar a proposta de Schuman dunha Europa cohesionada, na que todos os cidadáns europeos nos sintamos máis unidos e para que a nosa vida sexa máis doada.

Con tal motivo, o alumnado de sexto de Primaria realizou diversos traballos de investigación nos que aprenderon, entre outros, contidos como: a diferenza entre Europa e Unión Europea; historia da UE; símbolos europeos e o seu significado; principais monumentos ; características xeográficas do vello continente…

Posteriormente elaboraron unha montaxe cos datos recollidos e finalmente expuxeron os seus traballos aos compañeiros de quinto de Primaria e 1ºESO.

Ao rematar a exposición agasalláronos con sendas barallas de cartas para que xogando aprendan e exerzan a memoria.

Por outra banda, todo o alumnado de Primaria elaborou bandeiras dos diferentes  países europeos que  agora adornan os corredores do colexio.

Blog Attachment

Déixanos un comentario