DÍA DOS BOSQUES

O alumnado de 6º de infantil desenvolveu una serie de actividades partindo do día dos bosques que se conmemora o 21 de marzo. En primeiro lugar, partimos da contorna próxima, polo tanto, analizamos se hai árbores nos espazos que coñecen e frecuentan, ademais do cambio cuantitativo ao longo dos anos. Por tanto, pintamos coa técnica do puntillismo as zonas arboradas nunha imaxe antiga e actual para facer máis notoria a diferenza. As obras realizadas foron expostas no corredor.

En segundo lugar, realizamos un portfolio sobre árbores que podemos encontrar na contorna. Este portfolio será un recurso de consulta para a biblio. Ademais, coñecemos termos como árbores autóctonas, exóticas, en recuperación e invasoras.

Para finalizar, limos o conto “Unha árbore”. A protagonista chámase Alina e decide plantar unha árbore, dende que tomou esta decisión sucederon moitos cambios. Quixemos seguir os pasos de Alina e plantar a nosa árbore para coidala e buscarlle un espazo axeitado.

Blog Attachment

Déixanos un comentario