PADRÓN E PONTEVEDRA
- Publicado por Colegio San Jose Vedruna
- POSTO EN Ed. Secundaria
O venres 21 de outubro @s alumn@s de 1° e 2° da ESO visitaron a Casa-Museo de Rosalía de Castro, en Padrón. Nela puideron coñecer algunhas curiosidades sobre a vida e obra da nosa autora, ademais de ver de primeira man o lugar onde ela viviu coa súa familia, así como moitos obxectos, cadros e fotografías que lles serviron para achegarse máis á súa figura.
Mentres tanto @s alumn@s de 3º y 4º da ESO visitaron o Museo de Pontevedra para coñecer a presenza da muller na pintura galega. O itinerario permitiu facer «visibles» a estas grandes loitadoras pola igualade de xénero, nun campo maioritariamente de homes.
Despois das visitas todo o alumnado de secundario tivo a oportunidade de percorrer o casco antigo da cidade de Pontevedra.