DÍA DA NAI

O mes de maio é dedicado por tradición á celebración e recoñecemento da función que cumpren as nais na sociedade. Por isto, dende o colexio vinculámonos a esta celebración co propósito de fortalecer os vínculos coa familia e facer deste día un momento de esparcemento e agradecemento pola súa labor.

Dende o noso centro queremos felicitar este 1 de maio a todas as nais en potencia e as futuras mamás. Porque esta palabra leva con ela a coraxe, a loita, a delicadeza, o coidado, e sobre todo, o amor.

Pero… Por que se celebra o día da nai o primeiro domingo de maio?

A orixe desta celebración remóntase ao ano 1965, onde, en España celebrouse o día dedicado á maternidade, coincidindo co 8 de decembro, día da festa da Inmaculada Concepción. Pero non foi ata máis adiante, cando se empezou a celebrar o primeiro domingo de maio para separar esta conmemoración e poñer énfase no valor Mariano do mes de maio, que é cando cambian as flores e todo se renova.

Por último, dedicámosvos a todas vós estes versos de Joan Margarit, porque nunca haberá unha mirada tan chea de amor como a dunha nai.

Ollos de miña nai.

Sen eles, a miña

historia non ten ollos.

FELIZ DÍA A TODAS!

Blog Attachment

Déixanos un comentario