«FINCA MOREIRAS»

Finca Moreiras e Alto dá Groba

Visitamos a Finca Moreiras cun día precioso de sol e boa temperatura.

Trátase dunha asociación que ten como obxectivo dar a coñecer como parte da nosa cultura, costumes en torno ao cabalo ‘Pura Raza Galega’, o cal se atopa en perigo de extinción, (debido ao abandono do campo e a súa mecanización, sumándoo ao mal estado dos montes e ao cruzamento con outras razas), así como a conservación desta raza e a relación coa súa contorna. A posta en práctica de valores e do respecto pola contorna son a base de todos os seus proxectos.

Vivimos nun lugar onde os cabalos salvaxes viven en liberdade desde a idade de Bronce, época na cal os nosos antepasados xa nos deixaban as súas pegadas en multitude de petróglifos, nos cales intuímos que xa por aquel entón celebrábanse os tradicionais curros ( cuxa labor consiste en xuntar aos cabalos que viven salvaxes nos montes para así sanealos, cortarlles as crines, marcar ás novas crías e devolvelos á súa liberdade) e onde aínda hoxe seguimos mantendo a maior poboación de cabalos salvaxes de todo o mundo.

Cun equipo multidisciplinar, realizamos talleres:

– Simulación dun curro.

Cepillado do cabalo e experiencia de montalo.

– Taller de debuxo a campo aberto.

– Creación de lambetadas a base de mazá, cenoria, avea, penso, mel ou auga.

– Roteiro de observación das mandas en plena natureza.

Agora sabemos que temos que facer para non molestalos se queremos observalos; que se alimentan de toxos, o cal evita a aparición de incendios porque eles manteñen o campo limpo; como cambia a súa aparencia segundo a súa idade; como se asean e limpan o seu pelo… Aprendemos e gozamos!

Blog Attachment

Déixanos un comentario