PERCORRENDO O CAMIÑO

PERCORRENDO O CAMIÑO

O pasado venres pola mañá, o alumnado de quinto e sexto de Primaria percorremos un traxecto do Camiño Portugués pola costa. A actividade está promovida pola concellaría de Turismo do Concello de A Guarda para dar a coñecer este tramo da ruta xacobea. En todo momento acompañounos Manuel, un guía turístico, que nos foi explicando con moita claridade unha morea de curiosidades moi interesantes.

Atravesamos fermosos lugares, que ningún de nós coñeciamos; aprendemos topónimos, os símbolos peregrinos, cales son e onde están as marcas do camiño de Santiago… e ata nos fixemos unha foto todos xuntos cun peregrino italiano que viaxaba ata Compostela. Foi unha fermosa xornada onde ademais de aprender a importancia da ruta Xacobea na nosa localidade pasámolo moi ben todos xuntos.

Blog Attachment

Déixanos un comentario