SABÍAS QUÉ…?

OS SENTIDOS

O alumnado de cuarto de primaria ten moita curiosiodade por aprender un montón de cousas…

Este trimestre fixeron un proxecto sobre os sentidos moi interesante e grazas a eles e elas imos a compartir todo o que descubriron.

O equipo do gusto averiguou que as papilas gustativas rexenéranse cada 15 días. E sabías que os sabores doce e salgado pérdense ao chegar aos dez mil pés de altura porque tapónanse os oídos e non poden chegar os sabores ao cerebro, esto acontece porque o oído, coma todos os sentidos, está conectado coa “computadora” do noso corpo (o cerebro).

Co equipo do oído, aprendimos que o óso máis duro de todo o corpo é o óso temporal onde se localiza o oído. Os dous oídos non escoitan os mesmos sons, o esquerdo escoita mellor a música e o dereito a voz das persoas, porque os sons que entran polo oído dereito son procesados polo lado esquerdo do cerebro, que controla a fala.

O grupo do olfacto averiguou que as mulleres teñen mellor desenrolado que os homes o sentido do olfacto. Tamén é importante saber que o sabor o percibimos grazas ao olfacto porque o nariz está conectado coa boca (sentido do gusto). Ademáis, está comprobado que podemos percibir ata sete olores básicos que son: alcanfor, almizcle, floral, menta, éter, picante e pútrido.

O equipo da vista descubriu que: un ollo humano san ten tres tipos de conos (as células fotosensibles; situadas na retina) cada unha delas pode rexistrar cerca de cen tonalidades, por esta razón, a maoría dos investigadores sosteñen que podemos distinguir arredor dun millón de cores.

As funcións da pel, según o equipo deste sentido, son: protexer o corpo dos influxos nocivos, intervir na regulación térmica (a través das glándulas sudoríparas) e transmitir sensacións. Os receptores do frío perciben as sensacións do frío por debaixo de 36 graos e os receptores da calor, por riba de 36.

Para rematar, esperamos que o noso esforzo e traballo gustásevos e puidésedes aprender algunha curiosidade do noso corpo.

Blog Attachment

Déixanos un comentario