TANXUGUEIRAS

Os alumnos e alumnas de 4º da ESO vivimos moi de cerca o proceso de clasificación do grupo de pandereteiras Tanxugueiras para o Benidorm Fest 2022. Ao longo da semana escoitamos e analizamos a canción nas clases de Lingua grazas á xenerosidade do profesor Cándido Paniagua Pousa, que realizou e compartiu a través das redes unha marabillosa unidade didáctica sobre elas e a canción Terra.

Puidemos enterarnos da súa traxectoria, descubrir o significado do seu nome,  analizar a letra da canción e a súa potente mensaxe a favor da unidade e o respecto cara a todas as linguas e culturas da Península. Mágoa que finalmente, e tras unha polémica votación, non gañasen o concurso que as levaría a representar con orgullo a toda España no festival de Eurovisión. Pero incluso así, para nós son as verdadeiras triunfadoras: pola súa arte, pola súa orixinalidade, pola súa defensa da nosa cultura, pola súa mensaxe inclusiva, por seren as máis votadas polo público, por seren auténticas. Está claro que como di a súa canción: “VEÑEN PRA QUEDAR”. Moita forza, Tanxugueiras!!

Blog Attachment

Déixanos un comentario