CHROMEBOOKS

Fai un tempo, a nosa titora díxonos que tiña unha sorpresa, seica levaríamos a cabo unha experiencia piloto con «Chromebooks», sen ningunha pista máis quedamos a espera…

Unha mañá, chegamos a clase e atopámonos con esta caixa…

De súpeto, recordamos o falado, pero nin sequera nos acordábamos daquela palabra. Pronto a nosa mestra dixo: Sabedes que é un «Chromebook»?

Un Chromebook é un ordenador portátil de tamaño pequeno que funciona co sistema operativo Chrome, con almacenamento na nube, diversas aplicacións e con múltiples niveis de seguridade…

De seguido, cada un de nós colleu o seu portátil, e comezamos… introducimos a nosa conta de correo e mans a obra. 

Dende entón, levamos a cabo diferentes actividades, dende a búsqueda de información ata crear documentos, entre outras.

As nosas destrezas dixitais están mellorando considerablemente xa que as tarefas propostas a partir de este medio motívannos máis. 

Blog Attachment

Déixanos un comentario