SANTA CECILIA

Achegámonos ao 22 de novembro, día no que se celebra Santa Cecilia, patrona dos músicos. Este é o motivo que nos leva dende  a asignatura de Música a investigar e coñecer un pouco máis sobre a figura desta muller.

Cecilia de Roma pasou á historia como Santa Cecilia (Santa Icía en galego). Todos os anos hai numerosos concertos para conmemorar o 22 de novembro, data na que morreu no ano 230 tras sufrir un duro martirio despois de converterse ao cristianismo.

Como curiosidade, compartimos na aula co alumnado da ESO o feito probable de que a súa declaración como patrona da música débese a un erro de tradución. 

 

 

Nas actas de martirio pode lerse no texto «Canténdibus órganis Cæcilia Dómino decantábat dicens…«, algo que o copista transcribiu como: “mentres sonaban os instrumentos musicais Cecilia cantaba ao Señor dicindo…” pero cabe explicar que se lle atribuiu o patronazgo da música por un erro de transcrición da súa acta martirial: “cantantibus [canentibus] organis” en lugar de “candentibus organis”; non era ese “organis” o instrumento musical do que se estaba a falar, senón que era un termo que no século III utilizábase para facer referenza ao fol usado para dar calor, que no contexto de Cecilia de Roma, era máis ben un instrumento de tortura. Dende entón foron moitas as imaxes pintadas de Cecilia tocando o órgano.

Decidiuse non correxir o erro e, en 1594, o papa Gregorio XIII canonizou a Cecilia e asignoulle o patronazgo da música. 

Queremos aproveitar este día para felicitar, de xeito especial, a todas as persoas que adican a súa destreza e bo facer na arte musical a embelecer as celebracións dentro e fóra do noso centro educativo. E, se temos que dar a nota, que sexa creando e/ou recreándonos coa música. 

 

 

Blog Attachment

Déixanos un comentario