ESTIMULACIÓN SENSORIAL
- Publicado por admin
- POSTO EN Audición e linguaxe
A finalidade fundamental dos órganos dos sentidos é recoller información da contorna para poder sobrevivir.
Os nenos exploran, comprenden e aprenden infinidade de cousas sobre o mundo que lles rodea empregando os seus sentidos: vista, oído, tacto, gusto e olfacto. Sen a presenza deles, non poderíamos desenvolver a nosa vida tal e como a coñecemos…
Todos nós temos unha canle preferente para recibir a información que necesitamos aprender: algúns somos máis visuais, asimilámolo mellor se o vemos; outros somos auditivos e resúltanos máis sinxelo adquirir coñecementos novos se os escoitamos, en cambio, outros necesitamos tocalos e palpalos…
O olfacto e o gusto as veces son os grandes esquecidos, pero son igual de importantes que os demais, pois están directamente relacionados cos sentimentos positivos ou negativos do propio aprendizaxe.
Debida á importancia que teñen os sentidos no neurodesenvolvemento, sempre que podemos, dedicamos un ratiño das sesións a experimentar con diversos materiais, sons, sabores, olores…en definitiva, diferentes estímulos.