INVENTOS
- Publicado por admin
- POSTO EN Ed. Primaria
Pequenos grandes inventos,
Quen non pensou en inventar algo durante a súa vida? Ou polo menos, crear unha máquina que nos fixera a vida máis fácil no día a día.
Pois ben, o alumnado de terceiro de primaria convertímonos en inventores e inventoras ao longo dunha semana. Combinando máquinas sinxelas coma pancas, poleas, rodas,… chegamos a facer: auténticas obras de enxeñería (pontes levadizas -utilizando conceptos hidráulicos-, pozos de auga artesanais, ascensores, electrodomésticos,…) sofisticados xoguetes e outros obxectos dignos de verdadeiros futuros emprendedores.
Coincidindo que o 5 de xuño é o día mundial do medio ambiente, queremos lanzar unha mensaxe de protección hacia a nosa contorna, posto que todas as máquinas que fixemos foron realizadas con materiais reciclados ou reutilizados. Todos os inventos funcionan manualmente, non contaminan e axudan na procura dun planeta máis sostible e ecolóxico, evitando o cambio climático que tanto nos preocupa.