LÚA EN NINGURES
- Publicado por admin
- POSTO EN Ed. Primaria
«Lúa en Ningures»
Onte fixemos algo especial e distinto: falamos, a través de videochamada, con Beatriz Maceda autora do libro que estivemos a ler no pasado trimestre.
A historia de “Lúa en Ningures” desenvólvese nun campo de refuxiados. O seu relato abriunos os ollos ante unha realidade que está presente no mundo. Un libro cheo de momentos que continuamente espertaban os nosos sentimentos de optimismo e tristeza na mesma medida.
Solicitamos unha entrevista coa súa autora e aceptou a nosa invitación con moita amabilidade. Previamente preparamos unhas preguntas para sacarlle o máximo partido a conversa. Interesámonos por detalles do libro e pola súa historia coma escritora. Contounos como foron os seus comezos no mundo dos libros, que sempre lle gustou ler, que ademáis é mestra e nai, que busca cos seus relatos transmitir mensaxes de solidariedade, optimismo, igualdade…
Foi un pracer falar con ela e non queríamos que se acabase o tempo. Dende aquí dámoslle de novo as grazas sobre todos por achegarnos a lectura e ensinarnos a disfrutala.
4º PRIMARIA
Déixanos un comentario
Cancel reply