SIMULAMOS O DESXEO

Este trimestre, na aula de 4 anos, estamos traballando os animais en perigo de extinción e indagando sobre por que está a suceder isto. Descubrimos que unha das razóns é o cambio climático xa que co aumento das temperaturas estase a derreter o xeo glaciar. Parecíanos incrible, por iso simulamos dito desxeo. A bandexa de xeo ao ser un bloque grande, tardou toda a mañá en se derreter, pero os xeos pequenos so nos deron para xogar un pouco…

Aprendemos unha morea de cousas, e as nenas e nenos da nosa clase imos pór o noso gran de area para axudar a que estes sucesos se freen.

E ademais de aprender, pasámolo pipa xogando co xeo e cos animais.

Blog Attachment

Déixanos un comentario