RELATO COCA -COLA

Un curso máis, os nosos alumnos e alumnas van participar no concurso de relato breve organizado por Coca-Cola.  Todos os anos, desde o 1960,  miles de adolescentes soñan con poder participar nel e conseguir algún dos seus premios, pois é, sen dúbida, un dos certames de literatura xuvenil máis prestixiosos de España.

Por mor da pandemia, o ano pasado non foi posible que se celebrase, así que nesta ocasión, ademais de alumnado de 2º da ESO, tamén poderán participar os rapaces e rapazas de 3º que quedaron ás portas o cuso anterior.  Un aplauso para Sabela, Inés, Martín, Leah, Saray e Marta, de 3º da ESO, e outro para Andrea, Paula, Brayan e Senén, de 2º. Desexemos moitísima sorte aos nosos participantes!

Blog Attachment

Déixanos un comentario