CONSUMIDOR@S

Ninguén pode cuestionar que vivimos inmers@s nunha sociedade de consumo.

Estes días quixemos reflexionar sobre a nosa actitude como consumidor@s e usuari@s .

Analizamos os fenómenos que se producen no feito de consumir. As empresas tratan de vender os seus produtos e utilizan para iso publicidade que nos fai pensar como elas queren.

A través de distintas actividades reflexionamos sobre o consumo, a necesidade ou non de comprar certos produtos, a publicidade…e tamén coñecemos os nosos dereitos:

    • Dereito a unha información correcta
    • Dereito á protección dos intereses económicos e sociais
    • Dereito á reparación dos danos e prexuízos sufridos
    • Dereito á representación, consulta e participación
    • Dereito á saúde e á seguridade
    • Dereito á protección administrativa e técnica
    • Dereito á educación e formación en materia de consumo
Blog Attachment

Déixanos un comentario