EXPERIMENTA…
- Publicado por admin
- POSTO EN Ed. Primaria, Innovación
EXPERIMENTA E APRENDE!
Unha das cousas que máis nos gusta aos nenos e ás nenas e realizar experimentos. Na clase de C. Naturais estamos estudando a materia, as súas características, métodos de separación de mesturas etc.
Coa axuda da nosa profesora, realizamos pequenos experimentos na clase a través dos cales puidemos comprobar como por medio da, imantación, decantación ou filtración, podíamos separar os compoñentes dunha mestura heteroxénea.
Tamén estudiamos algúns tipos de reaccións químicas como a oxidación, combustión ou fermentación, e observamos como os reactivos se convertían en produtos.
Continuaremos experimentando para seguir aprendendo e saber cada día un pouco máis.