RISA OU SUSTO?
- Publicado por admin
- POSTO EN Ed. Primaria
@s alumn@s de segundo de primaria fixeron unha dinámica para traballar as emocións coa axuda do noso libro de valores.
A través de diversas áreas como plástica, música, relixión, educación física e mesmo dende a titoría trabállase co alumnado o recoñecemento das emocións para a toma de consciencia de eles mesmos como individuos únicos e irrepetibles.
As emocións son estados afectivos que experimentan as persoas. Reaccións subxectivas ao ambiente que veñen acompañadas de cambios orgánicos, fisiolóxicos ou endocrinos de orixe innata.
A experiencia toma parte un papel fundamental na vivencia de cada emoción.
Esta tarefa convidáballes a compartir c@s compañeir@s da aula aquelas situacións que lles provocasen risa ou susto.
Motivándose, a través de distintas melodías, @s nen@s contaron cómo un chiste na aula ou un choque entre dous compañeir@s no patio provocan momentos de risa ou de susto no día a día.
A continuación, rematamos a sesión coloreando un mandala sobre estas dúas emocións.
Identificar as nosas emocións axúdanos como ferramenta para aprender a afrontar as distintas situacións que nos tocan vivir!