PROXECTOS TECNO
- Publicado por admin
- POSTO EN Ed. Secundaria
Este curso para garantir as distancias tivemos que facer proxectos individuais en Tecnoloxía. Ademais leváronse a cabo na aula xa que no taller non se podía cumplir coas medidas de seguridade. E como sempre, os nos@s alumn@s mostraron que todo é posible facelo cun sorriso.
En segundo da ESO fixeron unha estructura triangulada construida con papel e cartón. Para demostrar que pode soportar moito peso aínda que sexa de papel.
En terceiro da ESO fixeron un coche de xoguete construido con materiais de plástico que ían acabar no lixo. Había diferentes modelos, uns movíanse coa axuda dun globo e outros coa axuda dunha goma elástica. Os resultados foron moi variados e divertidos.