VIOLENCIA CERO

O pasado venres 11 de decembro, os catro cursos da ESO tivemos a inmensa sorte de que nos visitase a especialista en igualdade Sara Uris para falarnos da violencia de xénero. Esta antiga alumna e Mestra de Infantil é, ademais, Máster (especialista) en Educación, Xénero e Igualdade, e responsable do proxecto educativo Transformando Realidades, centrado na diversidade sexual, de xénero e familiar. Formou parte do Programa Conectadas 2019, da Deputación de Pontevedra, no que desempeñou o labor de Axente de Igualdade na zona do Baixo Miño.

Con motivo da recente conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, Sara achegounos diversas reflexións e testemuños sobre este tremendo problema para concienciarnos da necesidade de facer algo que cambie as cousas. O seu plantexamento chegou moi acertadamente aos alumnos e alumnas, pois fíxonos ver cómo a violencia machista non é só a que golpea fisicamente, senón tamén todas esas renuncias que moitas  mulleres fan ante as súas parellas sen darse conta de que as están aniquilando como persoas. Esa violencia “invisible” parece que non existe, pero está moi presente na nosa sociedade e temos que saber recoñecela  para poder acabar con ela.

Blog Attachment

Déixanos un comentario