DIARIO DE BITÁCORA

DIARIO DE BITÁCORA

Ruta: curso 2020-2021

Inicio da ruta: 11 setembro.

Semana : 8

Situación: Atravesando unha pandemia.

Menos mal que, a pesar da máscara, os nosos ollos sorrín por nós…

Menos mal que puidemos regresar ao colexio, que tanto o botamos en falta dende o pasado mes de marzo.

Menos mal, que a pesar das molestias, somos quen de estar coa máscara toda a mañá.

Menos mal que, aínda que non poidamos xuntarnos nin darnos bicos e apertas, podemos mirarnos e falar de lonxe.

Menos mal que facemos as cousas pensando tamén nos demais. Os nosos actos teñen, hoxe máis ca nunca, repercusións nos outros e ata no mundo.

Estamos aprendendo a cumprir unha morea de novas normas, a reinventar xogos, a estrear conversas, a valorar os pequenos momentos de liberdade, a ilusionarnos coa idea de que todo isto pasará, a comportarnos con moita responsabilidade coma se fósemos maiores…e aínda somos nenos e nenas.

Estamos a dar exemplo de bo facer, de sacar de todo isto unha gran aprendizaxe que nos axudará a medrar coma persoas. 

Menos mal que, a pesar da máscara, os nosos ollos sorrín por nós; e menos mal que, a pesar da distancia, o cariño medra.

Navegantes 4º Primaria

Blog Attachment

Déixanos un comentario