O SÚPER DA CLASE

Os alumnos e alumnas de terceiro de primaria creamos un supermercado na aula, onde traballamos as matemáticas (ABN) e as Ciencias Naturais dun xeito divertido.

Fixemos de caixeiros, outros facíamos a compra do día, calculábamos o prezo, as voltas e pagábamos con diñeiro.

O noso libro durante o último mes foron os folletos publicitarios dos supermercados.

Tamén en Naturais quixemos saber o qué comemos a diario, qué nutrientes conteñen os alimentos; proteínas, vitaminas, hidratos de carbono, …

Elaborar dietas equilibradas para a nosa idade, chegando a conclusión de que SOMOS O QUE COMEMOS!

 

Blog Attachment

Déixanos un comentario