DIVERSIÓN EN PT

OS NENOS E NENAS NON XOGAN PARA APRENDER, PERO APRENDEN PORQUE XOGAN”

Esta frase de Jean Piaget fainos reflexionar acerca da importancia que ten o xogo na aprendizaxe dos nenos e en xeral no seu desenvolvemento.

No centro, sempre intentamos dotar as sesións dun carácter lúdico, logrando así incrementar a súa motivación de cara ás actividades propostas.

Que traballamos na aula de PT mediante o xogo? Infinidade de cousas, máis das que pensamos. Entre elas: memoria, atención, imitación, lóxica, velocidade de procesamento, resolución de problemas, creatividade, percepción visual/auditiva, inhibición de impulsos…

Gustaríanos rematar con outra frase, neste caso de Francesco Tonucci que di “Xogar para un neno e unha nena é a posibilidade de recortar un pedaciño de mundo e manipulalo para entendelo”.

Blog Attachment

Déixanos un comentario