CROSS EN BAIONA

Preparados, listos…xa!

Os alumnos de 2º, 3º 4º e 5º participamos estes días na actividade de Campo a través do programa XOGADE  (Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar) promocionado pola Xunta de Galicia, nas  categorías benxamín e alevín. Este é un programa que pon de manifesto o traballo levado a cabo conxuntamente coas Federacións e Agrupacións Deportivas Galegas e que recolle toda a actividade deportiva e lúdica, en idade escolar promovida e promocionada dende a administración.

 

Que os nenos crezan con hábitos de vida saudables e con xogos que afiancen seu sentido do esforzo, do respecto ou da xustiza, só pode xerar efectos positivos na nosa sociedade. Fomentar o deporte nos máis cativos garante contar con bos deportistas e atletas no día de mañá e consolidar eses hábitos que mellorarán a súa calidade de vida.

Rápido quitamos o frío e participamos con moitas gañas e esforzo en tódalas carreiras. Especial noraboa a todos aqueles con algunha discapacidade física que participaron neste cross, son un exemplo para todos, e tamén noraboa os demais alumnos que participaron da inclusión dos compañeiros.

 

 

Pola nosa banda felicitar a Alejandro, Diego e Angie polos súa grande clasificación e ó resto dos compañeiros pola súa entrega, deportividade e afán de superación.

Quedamos con ganas de voltar!

Blog Attachment

Déixanos un comentario