DÍA DA INFANCIA

O 20 de novembro celébrase o día Universal da Infancia e dende a aula de segundo de primaria traballamos sobre este tema en profundidade.
Nun primeiro lugar, a nosa titora falounos brevemente do que se trataba para que a continuación durante o fin de semana, investigásemos sobre cales son os nosos dereitos.
Entusiasmados regresamos o luns con ganas de compartir o qué aprendéramos, que non foi pouco!

Durante un par de días, estivemos organizando a información, xa que no día propio da celebración pasamos polas aulas de toda a primaria a mostrarlles o noso traballo.

Blog Attachment

Déixanos un comentario