XOVES CIENTÍFIC@S

O curso acaba de comezar e @s alumn@s de 2ºESO acaban de coñecer unha nova materia, Física e Química. No primeiro contacto con esta materia se lles ensina a importancia de traballar coas medidas axeitadas.

Certas magnitudes xa as coñecen desde primaria como o volume e a masa. Pero  ata o de agora, non se traballou a parte matemática nin experimental da densidade. Ese é o motivo de que fosen ao laboratorio para realizar medidas de masa e volume cos instrumentos de laboratorio. O obxectivo desta práctica é calcular a densidade do material do que están feitos os obxectos medidos, unhas moedas.

Tiveron que medir o volume coa axuda dunha probeta e unha pipeta. E facer os cálculos correspondentes para atopar o valor da densidade.Para eles foi todo un reto,pero ao mesmo tempo, comprenderon que un correcto uso dos instrumentos de medida lles permite obter información moi valiosa para identificar os materiais.

Este son o tipo de cousas que fan que aprendan sen poder evitalo e por iso esta non será a última vez que visitemos o laboratorio. Aínda que, como xa descubrirán as súas familias, non fai faia un laboratorio para realizar experimentos. 

Blog Attachment

Déixanos un comentario