XUNTOS POR FIN!

Estes días os nenos de 5º de infantil, estivémonos poñendo ó día xa que, despois do verán, volvemos a estar todos xuntos…¡Por fin!
Para iso, falamos, pintamos, bailamos, xogamos, coñecemos os novos recunchos, aprendemos as rutinas da aula, as normas de convivencia e tamén iniciámonos na relaxación, algo que, segundo a profe Stefi, vainos servir nun futuro para facer as cousas ben e con calma.

Estade atentos porque este curso vai estar cheo de maxia, diversión e aprendizaxe!

Feliz curso 2019-20!

Blog Attachment

Déixanos un comentario