GRADUACIÓN INFANTIL
- Publicado por admin
- POSTO EN Ed. Infantil
O pasado día 20 de Xuño os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil celebraron a súa graduación. Todos estaban moi nerviosos e contentos, ían vivir o seu día especial, no que só eles serían os protagonistas.
Estiveron acompañados dos profesores, dos outros compañeiros de Educación Infantil e dos seus familiares.
Despois de 3 anos, por fin chegou o remate desta etapa e o próximo curso empezarán outra nova, a Educación Primaria.
Noraboa a todos por haber rematado esta primeira etapa e imos a pola segunda, pero antes teñen que difrutar dunhas merecidas vacacións.