IMOS DE CONCERTO
- Publicado por admin
- POSTO EN Ed. Primaria
Como cada ano fomos invitados aos Concertos Didácticos ofrecidos polo Conservatorio de música de A Guarda no Centro Cultural.
Comezamos coa presentación das diferentes familias de instrumentos. De vento- madeira: clarinete, frauta traveseira, fagot, saxofón… De vento-metal: trompeta, tuba, trompa, trombón de varas… De corda: violín, contrabaixo, piano, guitarra…
Os alumnos e profesores interpretaron diferentes pezas musicais, como solistas ou en grupo. Escoitamos varias melodías coñecidas e fixéronnos partícipes da súa actuación.
Por último o recente coro formado polo alumnado do Conservatorio deleitounos con varias cancións acompañadas de percusión corporal e xestos rítmicos. Tamén solicitaron a nosa colaboración. Pasámolo moi ben.
Queremos agradecer ao profesorado do Conservatorio a súa invitación. O próximo ano contade con nós!