LETRAS GALEGAS

Os alumnos da ESO festexamos o Día das Letras Galegas no colexio cunha actividade literario-musical. Nela, as alumnas gañadoras do concurso da Agrupación Cultural Guardesa leron as súas obras, polas que desfilaron desde princesas rebeldes a avós contrabandistas, pasando por almas libres e namoradas e por outras atormentadas polo terror. Un aplauso para elas!

Despois, os rapaces e rapazas de 4º, interpretaron para nós unha versión moi persoal do clásico de Álvaro Cunqueiro musicado por Luís A. Batallán, Quen puidera namorala…! Con acompañamento musical de teclados (A. Leyenda), guitarra (Daniela), saxo (Laura) e xilófono (Katya), a voz de Lucía e os coros de Noelia, Ana, Fátima e Claudia, trasladáronos a outra época e fixéronnos vibrar.

Blog Attachment

Déixanos un comentario