RELATOS COCA-COLA
- Publicado por admin
- POSTO EN Ed. Secundaria
O concurso de Relato Curto de Coca-Cola é un dos certames literarios para escolares máis prestixiosos de España. Todos os anos,desde o 1960, miles de adolescentes soñan con poder participar nel e conseguir algún dos seus premios.Os nosos alumnos e alumnas de Segundo de ESO, unha vez máis,acaban de xuntar a súa ilusión coa de moitos outros rapaces e rapazas da área de Vigo que tamén acudiron á chamada deste premio.O venres 15 de marzo concursaron Estela e Ángela,na modalidade de lingua galega,e o día 22 foron Nerea e Uxía as que o fixeron por lingua española. Moita sorte a todas as nosas escritoras!