APRENDO XOGANDO!

 

Os nenos e nenas de primeiro de primaria interactúan entre eles con distintos materiais de cálculo como poden ser os dados, a baralla de cartas española ou cubos encaixables.

Coa axuda da pizarra dixital, facemos bingos matemáticos e na sala de informática completamos as táboas do cen nos mesmos no ordenador.

A sorpresa e a emoción que mantén durante máis tempo a motivación dos alumnos xa que a todos os nenos lles gusta descubrir e experimentar.

Eles mismos son os protagonistas do seu propio aprendizaxe; se axudan entre compañeiros, explican coas súas palabras o que van aprendendo e logran desenrolar a mesma tarefa de maneira diferente.

O xogo permítelle aos nenos aceptar e aprender dos seus propios erros, xa que éstes se cometen na dinámica do mesmo. Tamén axuda a asimilar os coñecementos traballados na clase de forma teórica.

Deste xeito, estimúlase a atención, a memoria, a imaxinación, a creatividade e o razoamento lóxico. Ademáis de fomentar as habilidades sociais e de resolución de conflictos e aumentando a responsabilidade do neno.

En síntese, unha actitude positiva ante a aprendizaxe é propio dos  nenos que gozan co que fan!

 

Blog Attachment

Déixanos un comentario