COMO TE SENTIRÍAS?

Como te sentirías se a túa vida estivese en silencio? Como te sentirías se non poideses expresar todo o que queres dicir?

Estas e outras preguntas intentaron contestalas os nenos de 5 anos e chegaron á conclusión de que é moi importante que as persoas xordomudas teñan unha linguaxe propia e así poder ter unha vida normal.

Por iso, pasaron varios días traballando este tema e aprendendo diferentes cousas, tendo as súas mans como único instrumento  para poder comunicarse.

Blog Attachment

Déixanos un comentario