OS NOSOS DEREITOS

Estes días estivemos a traballar nos Dereitos infantís.

A clase de 2º de Primaria foi a encargada de darlle forma a estes dereitos para expoñelo na entrada do colexio. Damos as grazas as nosas familias pola colaboración.

O noso obxectivo : Promover no alumnado o recoñecemento de si mesmos e dos demais como persoas con dignidade: con dereitos e responsabilidades.

  • Desenrolarse ata o máximo das súas posibilidades.
  • Formarse coma cidadáns preocupados polo cumprimento dos dereitos humanos en todo o mundo.
  • Rexeitar calquera forma de discriminación por razón de cultura, relixión, orixe, idioma, sexo ou de calquera outra índole.
  • Buscar protección en casos de maltrato, humillacións ou  abusos .
  • Promover unha contorna  que fomente a igualdade,  a saúde e a convivencia pacífica.
  • Promover que os nenos e as nenas gocen activamente da liberdade de información, expresión e participación.
  • Promover o dereito da infancia a gozar do xogo e ás actividades recreativas propias da súa idade, así como a participar na vida cultural, as artes e o medio.

 

É labor de educadores, familias e da comunidade escolar no seu conxunto, guiar e orientar a nenos, nenas e adolescentes no exercicio dos seus dereitos e responsabilidades  e velar, en todo momento, polo interese do menor.

Blog Attachment

Déixanos un comentario