IMOS A TOMAR MEDIDAS

Comeza un novo curso e con el novas materias que nunca antes viran, como lle sucede @s alumn@s de 2º ESO coa materia de Física e Química.O nome fai tremer a algúns, sen embargo desde o principio atopan elementos coñecidos como son as magnitudes:masa e volume;coas cales levan anos traballando.Isto lles da maior seguridade á hora de levar a cabo cálculo de cambios de unidades.

Pero non todo son números en Física e Química, xa que esta materia ten unha importante parte experimental.Ese é o motivo de que fosen ao laboratorio para realizar medidas de masa e volume cos instrumentos de laboratorio.

Para elles foi todo un reto, xa que algúns nomes de instrumentos teñen moitas consonantes xuntas.Pero ao mesmo tempo,aprenderon sen esforzo outros nomes como o de probeta,posto que acabaron sendo bos amigos ao finalizar de facer as medidas de volume con ela.

Este son o tipo de cousas que fan que @s vos@s fill@s aprendan sen poder evitalo e por iso esta non será a última vez que visitemos o laboratorio.Aínda que,como xa descubrirán as familias, non fai faia un laboratorio para realizar experimentos.

 

Blog Attachment

Déixanos un comentario