A MAXIA DA LUDOTECA

Outro ano máis e unha nova xeración comeza na nosa ludoteca onde tentaremos crear un mundo cheo de ilusión, creatividade e maxia para os peques.

Un lugar onde comezan o primeiro capítulo da sua vida escolar coñecendo aos seus amiguiños, compartindo xoguetes cos seus compañeiros, dos cales algúns acompañaranos durante varios anos. Coñecendo experiencias novas e comezando a reunir anécdotas divertidas e non tan divertidas.

Nós somos as fadas que lle intentaremos transmitir a estes nenos a maxia que rodea a nosa clase. Buscaremos os tesouros do coñecemento ao final do arco da vella, e sentados debaixo da árbore da sabiduría, descubriremos cada día unhas novas sensacións.

Blog Attachment

Déixanos un comentario