TEATRO PARA A ESO

O luns, 5 de maio, os alumnos de 3º e 4º de ESO do colexio acudiron ao centro cultural para desfrutar, xunto con rapaces e rapazas doutros centros, dunha peza teatral baseada na famosa novela xuvenil Anagnórise, de M.ª Victoria Moreno, a autora homenaxeada este ano o Día das Letras Galegas.
A función, patrocinada pola editorial Galaxia, e a cargo do grupo Limiar Teatro, sorprendeu a alumnos e profesores pola frescura e orixinalidade da súa posta en escena. No canto de adaptar a obra “ao uso”, os actores optaron por unha versión cómica e tola da mesma, que acabou co público rendido aos seus pés. Boa literatura transformada en estupendo espectáculo. Moitas grazas!!!

Blog Attachment

Déixanos un comentario