AXUDAS LIBROS

Estimados pais:
Comunicámosvos que o DOG do 21 de maio publicou a Orde do 9 de maio de 2018, pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2018/2019.

Resumo da Orde, que poden consultar na nosa páxina web ou no portal educativo da Xunta:

Obxecto da convocatoria:

  • Participación no fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria e en 1º, 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria.
  • Convocatoria de axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e en educación especial.
  • Convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.

Lugar e prazo de presentación:

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados disponibles na aplicación informática Fondolibros http://www.edu.xunta.es/fondolibros/ a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes descargando o anexo no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.es/axudaplicacion/files/fondolibros/2018-Solicitude-Anexos-I-e-II.pdf.  O prazo para presentar solicitudes rematará o 22 de xuño de 2018.
Documentación:
Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables e outra documentación acreditativa das circunstancias alegadas.
Contía das axudas:

Educación primaria (1º e 2º):

• Renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 €: 170 euros.

• Renda per cápita familiar superior a 5.400 € e igual ou inferior a 9.000 €: 90 euros. Alumnado de educación especial: 250 €, con independencia da renda per cápita familiar.

A contía da axuda para adquirir material escolar destinado a alumnado de EP, ESO e EE con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros será de 50 euros.
Obrigas dos beneficiarios:
1.- Devolver os libros de texto e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2017/2018. A falta de devolución dos libros de textos, sexan do curso inmediato anterior ou de calquera outro, será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2018/2019.

2.- Conservar en bo estado os libros de texto e o material reutilizable recibido do fondo solidario ou adquirido coas axudas para libros de texto no curso escolar 2018/2019 e devolvelos ao rematar este.

3.- Destinar o importe do vale para libros a adquirir os libros de texto que indique o centro en que estea matriculado o alumnado.

4.- Destinar o importe do vale para material a adquirir o material escolar que necesite.

 

Déixanos un comentario