EXPERIMENTAMOS?
- Publicado por admin
- POSTO EN Ed. Infantil
Dende o inicio de curso, na clase de 4 anos, os venres son especiais xa que é o día do experimento.
Durante todo o curso, experimentamos con moitos materiais: auga, escuma de afeitar, comida, algodón, etc. pero esta vez tiñamos ganas de facer algo para traballar o sentido do tacto así que decidimos poñernos mans á obra.
Primeiro, buscamos os ingredientes que precisábamos:
- un anaco de papel continuo
- pintura líquida
- viruta de ceras
A continuación, a profe puxo os ingredientes no papel continuo e puxémonos ao redor del para ter liberdade de movementos.
Finalmente, cun dedo, cunha man e ata coas dúas mans mesturamos todo e…
Velaí tedes o resultado!
Quen dixo que aprender non é divertido?