GALICIENCIA 2018

O pasado xoves, 10 de maio, levouse a cabo unha saída ás proximidades de Ourense, coa que a maioría do alumnado de Secundaria tivo a oportunidade de combinar cultura e lecer.

A primeira parada foi nas Termas de Outariz, onde puidemos relaxarnos e aproveitar os beneficios termais das mesmas. O bo tempo acompañounos en todo momento polo que desfrutamos e xantamos  rodeados de natureza.

A continuación, achegámonos a Tecnópole, en San Cibrao das Viñas, para visitar Galiciencia, unha exposición  de proxectos escolares relacionados coa ciencia e a tecnoloxía.

Alí tivemos a oportunidade de asistir a unha presentación dos efectos que está a ter o efecto invernadoiro no medio ambiente e de participar nun taller onde se puxo en evidencia o difícil que resulta  acadar un acordo na loita por frear o cambio climático.

Ademais, na exposición puidemos ver os traballos dos equipos seleccionados, rapazas e rapaces da nosa idade. Nestes proxectos  era evidente   o grande esforzo  e dedicación  destes compañeiros, así coma a súa ilusión á hora de presentalos.

 

 

 

Blog Attachment

Déixanos un comentario