NÓS RECICLAMOS!

Saber reciclar todos os residuos, respectar o medio ambiente e coñecer que é o que podemos facer para preservar a nosa natureza, son algunhas das grandes ensinanzas que lle debemos dar aos nenos.

Por iso, os nenos e nenas de primeiro de primaria estiveron traballando a reciclaxe. Desfrutaron moito pintando eles mesmos  os diferentes contedores de lixo, recortaron diversos produtos en revistas para colocar nos contedores, tamén trouxeron envases da súa casa…e sobre todo e o máis importante, aprenderon que é o que teñen que facer co lixo e como separalo, e así pouco a pouco crecerán tendo a mentalidade de que é moi necesario coidar do noso medio ambiente, porque diso depende nosa saúde e nosa vida.

O  vindeiro día 17 de Maio  celebramos o Día Mundial da Reciclaxe.

Blog Attachment

Déixanos un comentario