CLASE SEN FUME
- Publicado por admin
- POSTO EN Ed. Secundaria
Ao igual que o pasado ano, e dentro da materia “Promoción de estilos de vida saudable”, os alumnos de 2º de ESO participan no programa “Clases sen fume”. Trátase dun compromiso individual e colectivo (de toda a aula) de non fumar durante polo menos 6 meses, reforzar o carácter voluntario da decisión de non facelo, potenciar a confianza nun mesmo e nos demais e ser capaces de saber dicir NON cando alguén nos ofreza tabaco.
O xoves pasado estivo no noso centro a doutora Victoria Aldea, coordinadora do programa Aulas sen fume en Pontevedra, para explicar aos alumnos de 2º de ESO os perigos do tabaco e as súas perxudiciais consecuencias (cancro, enfermedades cardiovasculares, osteoporose e ata cegueira). Amosounos un bote co alquitrán que terían os pulmóns dunha persoa que leve un ano fumando; impactounos tanto que nos convenceu a todos para que continuemos sen fumar.
Ao finalizar a charla, os que quixemos puidemos soprar nun medidor de monóxido de carbono para comprobar o ben que se atopan os nosos pulmóns.
A segunda parte do programa consiste en preparar e presentar un slogan cunha representación gráfica; o noso é: «Ármate de valor e di NON a ser fumador”. E xa estamos a preparar unha actividade creativa – no noso caso un vídeo – dirixida á prevención do tabaquismo. Intentaremos gañar algún premio, aínda que o mellor galardón sería que ningún de nós caese no vicio que supón o tabaco.