MATEMÁTICAS…

COMPETENCIA MATEMÁTICA

Todo o que ocorre ao redor do neno está cheo de matemáticas: formas, medidas, cantidades…e as propias vivencias teñen que ser a fonte que dean sentido a toda esa información. A experiencia debe ser a base á que acuda cando enfronte as aprendizaxes abstractas e queira darlles sentido.

O  método de cálculo aberto baseado en números (ABN) adquiriu un enorme desenrolo nos últimos tempos. Aberto porque non hai unha única maneira de realizar as operacións. Que está baseado en números significa que se fan as operacións tendo en conta a orde de magnitude: unidades, decenas, centenas… É moi importante que teñan claro a descomposición de tódolos números en unidades e os números que forman o 10 e o 100 neste primeiro curso. A clave do éxito é o  maior rendemento que obteñen os alumnos que traballan o cálculo co novo método. Os  nenos aprenden antes, aprenden mellor, chegan máis lonxe e entenden de forma máis comprensiva as tarefas aritméticas.

Son capaces de realizar tarefas matemáticas complexas si antes traballan con cantidades concretas, manipulan distintas coleccións, descobren as regras, constrúen os números e as relacións que se dan entre eles, aplican as súas propias estratexias, etc. Estenden a conxuntos maiores o que saben facer cós máis pequenos.

Traballamos inicialmente para que saiban establecer de maneira rápida e efectiva o número que corresponde a un conxunto ou colección, comparar o número de dous ou máis conxuntos e a saber anticiparse aos cambios nos conxuntos ao manipular sobre eles, a estimación…esmiuzar os contidos para que as distintas dificultades que o alumnado atope as poda superar facilmente.

Co paso do curso imos complicando e profundando nos contidos. Exploramos unha ampla variedade de camiños como método de resolución. Axúdase a o alumnado a ter unha alta capacidade de decisión e a posibilidade de que saiba adaptarse as situacións problemáticas ás súas capacidades e ás estratexias que mellor domine. Os alumnos/as son conscientes das operacións que fan e iso lles axuda a que a tarefa sexa mais asumible e motívante.

Blog Attachment

Déixanos un comentario