PROXECTOS TALLER

Nestas semanas na aula taller de Tecnoloxía os proxectos comezados no pasado trimestre están a coller forma.

En segundo da ESO están a rematar un xoguete mecánico con levas activado cunha manivela. Todos o grupos teñen que facer un deseño distinto aproveitando a transformación do movemento circular da manivela nun movemento de subida e baixada da parte visible do xoguete. A continuación mostrase algún dos xoguetes que se están a levar a cabo.

Na seguinte imaxe pódese ver como dan acabado as pezas para garantir que as superficies que están en contacto quedan suficientemente lisas para que o movemento sexa fluído.

En terceiro da ESO estase a levar a cabo o proxecto dun semáforo co acendido das luces controlado polo xiro dun bote metálico. Agora mesmo a parte construtiva está practicamente rematada e só queda unir axeitadamente con cables os distintos elementos do circuíto para que o funcionamento do semáforo sexa o desexado.

Ao mesmo tempo xa comezamos a traballar con Arduíno UNO para levar a cabo a mesma montaxe eléctrica e facer o acendido das luces do semáforo lanzando un programa desde o ordenador. Así que ese será o noso obxectivo para final de curso.

Blog Attachment

Déixanos un comentario